ÍMOSLLE A LER AOS NENOS DE INFANTIL!

 Aos nenos e nenas de 3º gustounos moito a idea de ir a lerlle conto aos nosos compañeir@s de 6º de Educación Infantil. 

Como toda actividade ben feita levounos un proceso: escoller un conto axeitado para a súa idade, ensaiar moito entre nós e coa profe Marta, que os nosos compañeiros fixeran primeiro de espectadores e xuices a ver que tal o faciamos e, por fin, turnámonos para ir cada día (durante unha semana) a ir a lerlles o conto. 

Foi unha experiencia moi divertida e que nos gustou moito! Moi cedo repetiremos con novas experiencias!
























Comentarios

Entradas populares de este blog

PROXECTO NATURAIS: A CORUÑA