Para rematar coas saídas para coñecer mellor lugares da nosa cidade, o pasado día 16 de xuño visitamos o Museo de Belas Artes para coñecer mellor o traballo realizado por Pablo Picasso, artista moi ligado a A Coruña.
O pasado mes de abril puidemos realizar unha actividade moi chula. Participamos nun programa sobre o coidado do medio ambiente no que decoramos as nosas propias bolsas de tea con pintura respectuosa para o mesmo. Foi todo un reto...levábamos o noso boceto nun folio pero claro, non é o mesmo debuxar nun papel que nunha tea...Somos uns artistas e quedáronnos unhas bolsas moi bonitas! Velaquí tedes unhas fotos do proceso!
Comentarios
Publicar un comentario